Excursión desde Muras a Quiroga organizada pola Asociación Atila

O vindeiro martes 29 de abril, a Asociación Atila de Muras organiza unha excursión a Quiroga, subvencionada pola Deputación de Lugo a través do programa Coñece a túa provincia.
A saída será ás 8:45 da mañá desde o Centro Médico de Muras. Ao longo da xornada, os participantes visitarán o Mazo de Santa Comba, que acolle un museo xeolóxico e etnolóxico, así como unha empresa produtora de viño e aceite e un obradoiro de artesanía.
A excursión inclúe o desprazamento, comida e guía, polo que se presenta como unha oportunidade perfecta para coñecer o patrimonio natural e cultural da zona.
O prazo máximo para anotarse remata este sábado, día 12 de abril, e as prazas son limitadas. Terán prioridade os socios da Asociación Atila e seguirase a orde de inscrición.
Para inscribirse, cómpre facilitar nome completo, DNI, posibles alerxias, se hai problemas de mobilidade e, no caso de menores, autorización asinada polos pais ou titores.