Éxito absoluto na primeira xornada do Día Infantil das festas de Vilalba

TerraChaXa
Debido ao tempo, os xogos acuáticos serán substituídos este mércores por inchables pero si haberá festa da escuma
festas-vilalba-dia-infantil-inchables2
4 sep 2024

A praza da Constitución de Vilalba encheuse no día de onte de inchables e actividades para nenos e nenas con motivo da celebración do primeiro día infantil das festas patronais, patrocinado por Grupo Entrepinares e organizado pola Concellería de Infancia e Xuventude en colaboración coa Alcaldía.

Dende as 11.30 comezaron a chegar os mozos e mozas máis puntuais á praza da Constitución, onde se atopan colocados sete inchables para diferentes idades, un Shotter Gallery, un toro mecánico, un simulador de surf, unha Nerf Battle Arena e un fotomatón con plataforma 360 para que todos poidan levar consigo un recordo da xornada.

"Durante a mañá achegáronse centos de nenos e nenas acompañados polas súas familias para gozar deste día completamente pensado para eles" sinalou a concelleira de Infancia e Xuventude, que se achegou ata a Praza da Constitución acompañada pola alcaldesa, Marta Rouco.

Pola tarde, ás actividades lúdicas sumouse o reparto gratuíto dunha merenda composta por auga, proporcionada por Mercadona, e snacks de queixo do Grupo Entrepinares para todos os nenos e nenas que se acheguen a celebrar o día infantil ata as 20.00, hora á que finalizará a xornada.

Pero aínda quedará tempo de gozar de máis actividades infantís durante o día de hoxe, 4 de setembro. Ao final, debido á meteoroloxía, no lugar de inchables acuáticos na praza da Constitución instalaranse os inchables da primeira xornada, que se sumarán a outros novos como unha pista americana.

O que se manterá será a festa da espuma, que se celebrará ao final para pechar a celebración dos días infantís. Ademais, volverán contar cunha merenda gratuíta con snaking de queixo ofrecido por Grupo Entrepinares e augas proporcionadas por Mercadona. O horario é de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

0.20017099380493