Éxito de participación na segunda ruta de Btteando por Guitiriz

TerraChaXa
Gran participación na segunda ruta en bicicleta do programa Btteando por Guitiriz, organizado polo Concello de Guitiriz en colaboración co club local Btteiros Cova da Serpe.
sanxoan1
23 Feb 2018

Gran participación na segunda ruta en bicicleta do programa Btteando por Guitiriz, organizado polo Concello de Guitiriz en colaboración co club local Btteiros Cova da Serpe. A ruta tivo lugar o domingo 18 de febreiro con máis de 50 persoas.

A ruta programada foi a do Pantano de San Xoán: saída ás 10 horas da praza do Campo da Feira de Guitiriz,  seguidamente subida ao pantano, fíxose unha breve paradiña para tomar unha peza de froita e un trago de auga, e despois a baixada de volta a Guitiriz. Uns case 25 km realizados con éxito.

Nesta edición tamén tiveron lugar actividades e rutas para os nenos e nenas de menor idade para que tamén puideran participar e desfrutar da soleada mañá de domingo.

[Best_Wordpress_Gallery id="23" gal_title="Btteando segunda xornada"]

0.17212009429932