Éxito de participación nesta I edición da mostra de vehículos de enerxías alternativas das Pontes

TerraChaXa
Éxito de participación nesta I edición da mostra de vehículos de enerxías alternativas con máis de 50 vehículos e 20 concesionarios
expoisicion vehiculos combustible enerxia alternativa as pontes
21 sep 2022

Máis de 50 vehículos de todo tipo de combustibles alternativos incluíndo bicicletas, motos, patinetes e maquinaria expuxéronse polo centro urbano da vila.

As Pontes converteuse esta pasada fin de semana na capital dos vehículos verdes, tras ser escollida sede da I exposición e proba con vehículos de enerxías alternativas, organizada pola Axencia Enerxética da Coruña (FAEPAC), en colaboración co Concello pontés e a Deputación da Coruña.

A esta primeira edición, que se desenvolveu desde o venres 16 ata o domingo 18 de setembro, no núcleo urbano pontés, acudiron centenares de persoas interesadas por estes novos vehículos.

A mostra consolidouse como todo un éxito e contou con máis de 50 vehículos de todo tipo de enerxías alternativas incluíndo bicicletas, motos, patinetes e maquinaria, así como complementos para recárgaa dos mesmos. Interese polo coche de hidróxeno, 20 concesionarios e 6 vehículos a proba.

Unha das novidades que máis atraeu as miradas das persoas visitantes foi o coche movido por hidróxeno que mesmo ofrecía a posibilidade de beber a auga do seu circuíto, fonte de enerxía do propio vehículo. Outro dos éxitos da mostra foron os 6 vehículos a proba que estiveron diante da casa do Concello por cortesía dos concesionarios Corgal Automóbiles; Grupo Dimolk e Grupo Breogán.

A exposición contou cun total de 20 concesionarios participantes: Finisterre Motor, Corgal Automóbiles, Galcar, Talleres Valera, Louzao Mercedes, Inturasa, Grupo Caeiro, Grupo Dimolk, Merenauto Coruña, Grupo Breogán, Taller mecánico CRAF, ESM – Electric Sun Mobility, Bicis Roca, Decathlon, Motos Grobas, IES Villalba, Luo Kai, Motiños e Montaxes As Pontes.

Durante os tres días da exposición urbana, os centenares de visitantes puideron probar, analizar e descubrir vehículos de diversos combustibles alternativos, tales como a electricidade (100% eléctricos ou híbridos), gas natural, GLP, biocarburantes, hidróxeno ou combustible P.Series.

Ademais, esta primeira mostra ofreceu a posibilidade de coñecer outros métodos de desprazamento que favorecen os beneficios ambientais e económicos como son o Smart Mobily, unha forma de mobilidade intelixente e eficiente e que espertou o interese de todas as persoas que pasaron pola zona. 22 de setembro, Día Mundial Sen Coche.

Esta exposición realizouse no marco da Semana Europea da Mobilidade, que finaliza este próximo xoves, 22 de setembro, coa conmemoración do Día Mundial Sen Coche. Esta efeméride pretende promover unha conciencia ecolóxica nos cidadáns do mundo, contribuíndo ao coidado da saúde das persoas e do medio ambiente.

A celebración deste Día Mundial Sen Coche promove as diversas alternativas de transporte e mobilidade, tales como o uso do transporte público, bicicletas, monopatíns ou patíns. Aproveitando esta data, o Concello das Pontes anima a todos os seus veciños e veciñas a participar e a que aposte pola mobilidade sostible.

0.12328505516052