Éxito de participación no II Torneo de Tenis de Mesa Concello de Guitiriz

TerraChaXa
No cadro Open A, o primeiro posto foi para Alejandro Martínez, mentres que Javier Canzobre acadou a segunda posición
entrega-premios-concello-de-guitiriz-tenis-de-mesa
2 Jan 2026

Celebrouse na Nave do Senpa o II Torneo de Tenis de Mesa Concello de Guitiriz, unha cita deportiva que reuniu a un total de 42 participantes de todas as idades procedentes de Oleiros, Teixeiro, Rábade, Vilalba, Lugo e do propio municipio de Guitiriz.

A competición desenvolveuse nun ambiente marcado polo deporte e a convivencia, ofrecendo unha xornada intensa e moi animada tanto para os xogadores como para o público asistente. No cadro Open A, o primeiro posto foi para Alejandro Martínez, mentres que Javier Canzobre acadou a segunda posición. Pola súa banda, no Open B, a vitoria foi para Lucas Engroba, seguido de Lucas Latas como segundo clasificado.

Desde a organización destacouse o bo nivel mostrado polos participantes e o excelente ambiente vivido ao longo de toda a xornada, consolidando este torneo como unha cita deportiva de referencia no calendario local.

⚙ Configurar cookies
0.076613187789917