Éxito de público en Expogrelo e Abadín, que esgotou o produto

TerraChaXa
Máis dunha decena de produtores de grelos da Terra Chá participaron esta fin de semana na edición número XVII de Expogrelo de Abadín.
expogrelo abadin 2023 8
19 Feb 2023

Máis dunha decena de produtores de grelos da Terra Chá participaron esta fin de semana na edición número XVII de Expogrelo do concello de Abadín, que reuniu a centos de veciños e veciñas da comarca. Esta feira combina a venda deste produto tradicional galego con postos de artesanía, música e outros produtos locais.

Alí, o director da Axencia Galega dá Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, puxo en valor a calidade dos grelos desta comarca e a animou aos produtores e comercializadores, tanto en fresco como en conserva ou conxelado, a que se inscriban no selo da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Grelos de Galicia.

Segundo destacou, esta indicación xeográfica xerou en 2021 un valor económico estimado de 722.500 euros e comercializou máis de 364 toneladas de produto certificado. Así mesmo, subliñou que o produto amparado pola IXP é a parte vexetativa destinada ao consumo humano procedente de plantas da especie 'Bassica rapa. L. var. Rapa', comunmente coñecida como nabo.

Foi este un ano no que se esgotaron todas as existencias moito antes de que rematase a feira, debido tamén á escaseza de produto presentado polo clima deste inverno.

Os socialistas apoiaron a nova edición desta feira, que, sinalan, “pon en valor un produto autóctono e singular da comarca da Terra Chá, e contribúe a promocionar a rica gastronomía da zona e do conxunto da provincia, ademais de reivindicar o traballo das familias e singularmente das mulleres que cada ano sacan adiante e traballan este produto típico da cociña tradicional galega”.

Todos os vendedores levaron un agasallo e repartíronse premios a algúns deles, como Marisol Grandío, que levou o galardón á mellor decoración; o Esther Cruña e Argimiro Val.

0.11325788497925