Éxito de público no regreso da Festa da Bola de Liscos e Freces de Bretoña

TerraChaXa
A XI Festa da Bola de Liscos e Freces de Bretoña celebrouse este domingo, 24 de abril, no concello da Pastoriza.
festa bola de liscos e freces bretona pastoriza10
25 Apr 2022

Representantes políticos de todos os partidos e alcaldes da contorna sumáronse á XI Festa da Bola de Liscos e Freces de Bretoña, que se celebrou este domingo, 24 de abril, no concello da Pastoriza, tras tres anos de ausencia.

Trátase dunha celebración que busca ser declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e que organiza unha remodelada Asociación de Amigos da Feira de Bretoña, co patrocinio de 3.000 euros, por parte da Deputación.

Esta festa tivo lugar por última vez no ano 2018 na que foi a súa décima edición e a intención e establecer unha continuidade  para solicitar esta designación galega.

Nesta edición que vén de terminar repartíronse unhas 200 bolas de liscos e de 800 racións de freces entre os asistentes a este evento que desbordaron as previsións.

A bola de liscos é un prato da zona elaborado con masa de pan, panceta afumada, chourizo e berzas, o que se coñece como cociña con produtos de subsistencia pero cun resultado espectacular. Este ano, para darlle todavía máis relevancia, as bolas estarán elaboradas con produtos do porco celta. Para os que non coñezan este produto, ten moito parecido cunha empanada gorda pero moi xugosa e sabrosa. Esto é debido aos liscos do seu interior e o sabor é pola cobertura de berza coa que se mete ao forno.

0.10078310966492