Éxito dos chairegos no Circuíto de Touchtennis celebrado en Cospeito

TerraChaXa
O pavillón de de Cospeito acolleu a cuarta proba do Circuíto entre escolas de Touchtennis con éxito dos chairegos.
touchtenis cospeito
15 Mar 2023

O pavillón de de Cospeito acolleu a cuarta proba do Circuíto entre escolas de Touchtennis, no que están a participar escolares de Cospeito, Vilalba, Rábade, As Pontes, Moeche e Miño.

Trátase dunha cmpetición que deu comezo nas Pontes en decembro e que consta de sete xornadas. Anteriormente celebráronse tamén as citas de Miño e Moeche e queda aínda Rábade, Vilalba e Foz pero as datas aínda non se coñecen.

Nesta edición cospeitesa os premios foron para a local Thais Fernández e Diego Paz das Pontes na categoría prebenxamín. A segunda posicion ocupárona Paula Bouza e o o tamén pontés Marco Purriños.

En benxamín todos os gañadores son de Cospeito: Andrea Teijeiro e Íker Novo, seguidos de Tatiana Fernández e Samuel Prado.

Os premios alevíns foron para María Sande e Martín Pita, este das Pontes, coa segunda posicion en mans de Carolina e Alejandro Sedes.

Na categoría infantil gañaron os vilalbeses Estefanía Río e Adrián López. O segundo posto foi para o pontés Sergio Fernández.

As xogadoras cadetes de Rábade Celia e Jenni leváronse o premio xunto a Carlos Bouza e Joel Luaces.

0.17892789840698