Éxito na Rapa das Bestas de Campo do Oso

TerraChaXa | AMariñaXa
A organización da Rapa das Bestas de Campo do Oso situado na estrada de Mondoñedo á Pastoriza, volverá a ter a Rapa das Bestas.
Rapa Campo do Oso 2022 (4)
27 Xuño 2022

O Concello de Mondoñedo ensalzou o éxito da 43 edición da Rapa do Campo do Oso, que tivo lugar este domingo e contou cunha gran asistencia de xente.

Dende o consistorio mindoniense agradeceron e puxeron en valor o traballo realizado pola Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega, encargados da organización deste festa.

A xornada consistiu na saída dos xinetes e baixada dos animais o curro, a rapa e marcado dos animais, unha sesión vermú amenizada por un grupo musical e a degustación de poltro galego.

Para finalizar, hai que destacar que no marcado dos animais usouse nitróxeno en vez de marcalas a lume sendo pioneiros neste sentido.

Esta cita celebrouse na estrada de Mondoñedo á Pastoriza, pertencente a parroquia de San María Maio, que recuperou esta festa despois de dous anos sen celebración xa que o ano pasado por mor do distanciamento social e o anterior ante a imposibilidade de baixar os cabalos dende o monte ata o curro pola néboa, este ano celebrarase este domingo 26 de xuño.

0.178377866745