Éxito na reanudación da Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá
A celebración da XVIII Feira do Queixo e Pan de Ousá, no concello de Friol, foi un novo éxito, tras dous anos sen celebrarse por mor da covid.
No encontro deste ano participaron centos de persoas que puideron degustar algunha das mostras gratuítas ofertadas por preto de 59 queixerías e cinco panaderías da zona. En total vendéronse arredor de 14.000 queixos e máis de 4.000 panes.
A feira foi inaugurada pola panadeira María José Varela Simón, que estivo xunto ao alcalde Friolés no corte da cinta inaugural dunha feira que xa está camiño de ser Festa de Interese Turístico Galego.
O eixo principal da feira volveu situarse como en anos anteriores na praza Andón Cebreiro para a exposición de produtos. Ao redor da carpa situáronse outros postos de venta dos diferentes produtos agroalimentarios do municipio e tamén produtos artesanais e do téxtil.
A programación da xornada completouse con concertos e actividades para todas as idades malia que a compra do queixo e o pan e a súa promoción foi o eixo principal da xornada.