Expoñen en Parga esculturas feitas no certame de cantería
O Certame da Feira de Cantería e dos Callos de Parga, que non se puido celebrar o ano pasado debido á pandemia, volve poñerse de relevo trala exposición no Campo da Feira dunha vintena de esculturas procedentes desta cita que se suman ás dez que xa estaban.
Esta acción ten como obxectivo da asociación de veciños do Campo da Feira poñer en valor a contorna e visualizar o traballo que se realiza ano tras ano neste selo distintivo da parroquia guitiricense. Deste xeito, poderán desfrutar delas todo os que acuden os domingos á feira de Parga.
As esculturas que reciben os tres primeiros premios na Feira da Cantería repártense entre o Concello, a comunidade de montes e a asociación de veciños polo que estes decidiron expoñer todas as que tiñan en depósito e gardadas nun alpendre para que toda a xente as poida desfrutar.
As esculturas foron colocadas cunha resina especial, despois de limpalas.