'Expresións' e outros cadros ao óleo de Mª Carmen Gómez Mato no auditorio de Vilalba a partir do 25 de agosto

TerraChaXa
O Instituto de Estudos Chairegos, coincidindo coas festas patronais de San Ramón e Santa María, organiza unha exposición de pintura da vilalbesa Mª Carmen Gómez Mato na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba.
oleo mcgomezmato
17 Aug 2017

O Instituto de Estudos Chairegos, coincidindo coas festas patronais de San Ramón e Santa María, organiza unha exposición de pintura da vilalbesa Mª Carmen Gómez Mato na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba.
A mostra leva por nome EXPRESIÓNS e confórmana un total de 44 cadros ao óleo sobre distintos materiais -lenzo, tabla, aglomerado ou madeira- e de temática variada estruturada en sete apartados: ANDALUZAS, MARIÑAS, ABRAZOS, BODEGÓN, VILALBA, ROSTROS E EXPRESIÓNS.
A exposición será inaugurada o venres 25 de agosto ás oito e media do serán e permanecerá aberta ata o 25 de setembro de 2017, inclusive,  para a súa visita dentro do horario do propio auditorio.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16497898101807