'Expresións' e outros cadros ao óleo de Mª Carmen Gómez Mato no auditorio de Vilalba a partir do 25 de agosto
TerraChaXa
O Instituto de Estudos Chairegos, coincidindo coas festas patronais de San Ramón e Santa María, organiza unha exposición de pintura da vilalbesa Mª Carmen Gómez Mato na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba.
17 Aug 2017

A mostra leva por nome EXPRESIÓNS e confórmana un total de 44 cadros ao óleo sobre distintos materiais -lenzo, tabla, aglomerado ou madeira- e de temática variada estruturada en sete apartados: ANDALUZAS, MARIÑAS, ABRAZOS, BODEGÓN, VILALBA, ROSTROS E EXPRESIÓNS.
A exposición será inaugurada o venres 25 de agosto ás oito e media do serán e permanecerá aberta ata o 25 de setembro de 2017, inclusive, para a súa visita dentro do horario do propio auditorio.