Extinguidos os incendios de Xía e Anxeriz coa chegada das primeiras choivas

TerraChaXa
"A situación dos lumes forestais na nosa provincia evolucionou positivamente ao longo das últimas horas", segundo manifesta o delegado territorial, José Manuel Balseiro.
17 Out 2017

"A situación dos lumes forestais na nosa provincia evolucionou positivamente ao longo das últimas horas", segundo manifesta o delegado territorial, José Manuel Balseiro.

"Todo iso como resultado da acción dos equipos de extinción e da influencia das primeiras choivas que facilitan o control das lapas. Así, podemos dicir que se desactivaron todas as situacións 2 na provincia de Lugo, pois xa non hai risco para vivendas, tanto en Cervantes (nas parroquias de Donís e Noceda) como xa onte nos incendios rexistrados en Friol (Anxeriz), Monforte (Chavaga) e Pantón, todos eles estabilizados. Neste momento, con máis de 20 hectáreas, hai 4 lumes activos, 2 estabilizados e 4 controlados".

"Se ben hai medios de extinción todo o ano, que obviamente reforzamos nas épocas de maior perigo que son os meses de verán, ante circunstancias climatolóxicas excepcionais como as que vivimos estes días, habilitáronse tamén medidas excepcionais de resposta, potenciando os medios propios e contando co apoio do Exército e dos concellos. Contamos en concreto, co apoio do Exército desprazado ata Cervantes e Negueira de Muñiz".

Neste sentido, reiteramos "o noso agradecemento e recoñecemento a todos que colaboraron nas tarefas de extinción, ao conxunto das brigadas e moi especialmente aos veciños e voluntarios, cuxa contribución foi decisiva".

A primeira hora da mañá dábanse por extinguidos os dous incendios do municipio de Friol: un na parroquia de Xía e outro en Anxeriz.

0.18791913986206