Fabiola García visitou a Casa de Familia de Muimenta

TerraChaXa
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou a Casa de Familia de Muimenta, onde se presta atención a un grupo de nenos e adolescentes que están dentro do sistema de protección autonómico.
visita casa de familia de muimenta
15 Xan 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou a Casa de Familia de Muimenta, onde se presta atención a un grupo de nenos e adolescentes que están dentro do sistema de protección autonómico.

A conselleira manifestou que a Xunta confía nas entidades sociais para a xestión destes centros de atención a menores que a Administración autonómica ten baixo a súa tutela ou garda

Fabiola García tamén destacou que este tipo de recursos, xunto ao acollemento familiar, son o maior garante de que nenos e adolescentes en risco de especial vulnerabilidade contan coas ferramentas necesarias para desenvolver unha vida plena.

Con antelación a esta visita, a conselleira reuniuse co alcalde de Cospeito, Armando Castosa, con quen abordou diferentes temas relacionados coa atención á infancia e ás persoas maiores do municipio.

0.074064016342163