Falece o escritor chairego Ramón Chao, pai do músico Manu Chao
O escritor e xornalista vilalbés Ramón Chao Rego faleceu este domingo en Barcelona aos 82 anos de idade. Ramón Chao, nado en Vilalba en 1935, tras recibir o Premio de Virtuosismo de piano en 1955, emigrou a Francia en 1956, onde ampliou os seus estudos musicais. Foi responsable en París das emisións radiofónicas en galego, correspondente da revista Triunfo e redactor xefe do servizo para América Latina de Radio Francia Internacional. En 1960 colaboraba no Servizo de Linguas Ibéricas da RTF, do que sería xefe dez anos despois.
Autor de numerosas obras e traballos xornalísticos sobre os máis diversos temas (sociais, políticos, históricos, culturais...), o francés foi a súa lingua de instalación e de traballo ademais do castelán, pero mantivo sempre o compromiso co galego como lingua literaria.
Irmán do teólogo Xosé Chao Rego e pai dous cantantes Antoine Chao e Manu Chao, tivo especial repercusión a súa viaxe en tren por Colombia nos anos noventa para realizar unha reportaxe xunto a Mano Negra, grupo musical que o seu fillo Manu Chao lideraba naquela altura. En 1985 creou ou Premio de Novela Curta Juan Rulfo.
Foi tamén un colaborador histórico na televisión francesa e na prensa, especialmente nos periódicos Le Monde e Le Monde diplomatique, o seu prestixio neses ámbitos valeulle para ser nomeado Cabaleiro dás Artes e dás Letras polo goberno de Francia en 1991. Obtivo ademais o Premio Galicia de Comunicación en 1997 e en 2001 o Liberpress.
É autor de numerosos, libros entre eles George Brassens (1973), Despois de Franco, España (1975), Guía secreta de París (1979), El Lago Como (1983), Un posible Onetti (1994), Prisciliano de Compostela (1999), Prestige: 42º 15N - 12º 08W (2005, Memorias dun invasor (2008) e a súa derradeira obra, L'odyssée du Winnipeg (2010).