Falece o guionista rabadense Horacio Valcárcel, colaborador de José Luis Garci

TerraChaXa
O guionista rabadense Horacio Valcárcel Villar, guionista, director e produtor que participou nalgunhas das películas e series máis recoñecidas e aplaudidas do noso país, faleceu aos 86 anos de idade en Madrid, segundo informou este luns a Academia de Cinema.
9 May 2018

Nado en Rábade en 1932, Valcárcel foi o guionista de man de Garci e estivo nomeado xunto a el en catro edicións dos Premios Goya polas películas Ninette, You' re the one, El abuelo y Canción de cuna. Ademais, foi recoñecido pola crítica polo seu traballo en El crack ou Luz de domingo e contribuíu ás series de televisión Verano azul, Farmacia de guardia e Turno de oficio.

0.1641960144043