Falece un camioneiro tras saírse da LU-640 en Pol

Pol
TerraChaXa
Un camioneiro faleceu este luns despois de saírse da vía co camión que conducía á altura do concello lucense de Pol.
25 sep 2017

Un camioneiro faleceu este luns despois de saírse da vía co camión que conducía á altura do concello lucense de Pol. No momento de producirse o accidente, sobre as 10:30 horas, o camión circulaba pola estrada de Torneiros, a N-640. Foi a esa hora cando persoal do 061 informaba ao 112 Galicia da saída de vía dun camión e co seu condutor atrapado no interior do vehículo.

Decontado, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE) pasouse aviso aos Bombeiros de Vilaba. Ademais, solicitouse a intervención dos axentes de Tráfico, do GES da Pontenova e de Protección Civil das localidades de Meira e Pol.

Nada mais chegar ao punto, os Bombeiros confirmaron o falecemento da persoa que precisou ser excarcerada.

0.17244911193848