Faleceu un adolescente que se esvaeceu ao entrar no instituto en Burela
Un menor de idade que se atopaba preto do patio dun centro público de estudos en Burela sentíuse indisposto e sufríu un esvaecemento, polo que de inmediato se deu ao aviso a unha ambulancia asistencial co pediatra do centro de saúde e despois a outra medicalizada.
Os profesores do centro foron os primeiros en prestarlle asistencia, nun centro que dispón de desfibrilador. Os facultativos lle practicaron maniobras de reanimación ata conseguir estabilizalo polo que foi evacuado ao hospital burelés na medicalizada, como confirmou o 061.
Segundo a Garda Civil, ás 14.10, o persoal sanitario do hospital comunicou oficialmente a morte xudicial do menor en Urxencias aos axentes da Garda Civil. O neno nacera no 2006. Déuse o aviso á autoridade xudicial e foi trasladado ao Hula para que se lle practique a autopsia. Todo apunta que o neno de 13 anos puido sufrir unha parada cardiorespiratoria cando ía entrar no IES Monte Castelo.
Ás 13.30, os axentes da Garda Civil recibiran unha chamada do servizo de urxencias do hospital informando do falecemento do menor sen certificar as causas. Trasladados ao centro hospitalario, os responsables médicos lles transmitiron aos gardas que sobre as 9.30 horas acceder a Urxencias o menor con síntomas de parada cardíaco-respiratoria. Tentaron sen éxito estabilizalo e faleceu ás 11.30.
O xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Viveiro leva as dilixencias.