Faleceu un focense de 92 anos na estrada de San Martiño de Mondoñedo
Un home, veciño do barrio focense de Santa Cilla, de 92 anos, perdeu a vida nun accidente de tráfico sucedido esta mañá en Foz, máis concretamente na parroquia de San Martiño de Mondoñedo. O seu vehículo precipitouse por un terraplén duns cinco metros de profundidade.
Nese mesmo lugar xa tiñan acontecido outros accidentes, aínda que non de tal gravidade. Tamén puido influír o estado da calzada xa que chovera nas últimas horas.
Antes, os efectivos de emerxencias, nomeadamente a agrupación local de Protección Civil, acudiron a un aviso por outro accidente acontecido en Santa Cilla, onde dúas persoas quedaron atrapadas no vehículo tras saírse da vía e impactar contra un poste de luz. En principio, quedaron feridos aínda que con carácter leve e foron evacuadas por precaución ao hospital.
Dous accidentes