Faleceu un pontenovés tras sufrir un atropelo na N-640

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Un veciño da Pontenova de 72 anos faleceu este venres, tras sufrir un atropelo en torno ás 11.
27 sep 2019

Un veciño da Pontenova de 72 anos faleceu este venres, tras sufrir un atropelo en torno ás 11.10 horas no kilómetro 37 da N-640, estrada que vai dende Barres, en Castropol, Asturias, ata Vilagarcía de Arousa. O sinistro aconteceu no termo municipal pontenovés.

O vial ao seu paso pola Pontenova ten moito tránsito e pese a estar limitada a velocidade, xa se teñen producido outros atropelos mortais en anos anteriores no termo municipal.

0.13629484176636