Fallados os premios do XLIX Certame de Xornalismo sobre o Nadal en Begonte
O xurado do XLIX Certame de Xornalismo sobre o Nadal, convocado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán, impulsor do Belén de Begonte, reuniuse recentemente para seleccionar os traballos galardoados nesta edición.
O tribunal estivo formado por José Ulla Rocha, alcalde de Begonte; Javier Arias Fouz, delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo; Blanca Pacín Somoza, bibliotecaria; Sara Blanco Díaz e María Jesús Blanco Díaz, integrantes da Comisión de Cultura do Centro Cultural, e José Rodríguez Gómez, secretario da entidade convocante.
Logo de examinar os traballos presentados, o xurado decidiu que o primeiro premio, dotado con 1.000 euros e unha estatuiña de Sargadelos, fora para Javier Rivera, polo artigo “El Belén de las Esencias Gallegas.
O segundo premio, dotado con 500 euros e diploma, correspodeu a Antonio Rigueiro Rodríguez, polo artigo Begonte do Belén e os enfeites vexetais do Nadal.
Os premios serán entregados o próximo 1 de febreiro durante os actos de clausura de O Nadal en Begonte, que tradicionalmente celebra o Centro Cultural José Domínguez Guizán.