Familias das Pontes contratan un autobús para os alumnos que estudan en Ferrol

TerraChaXa
Un grupo de pais das Pontes contrataron un bus que unirá As Pontes con Ferrol para o transporte de estudantes en xornada lectiva.
bus escolar ferrol as pontes portada
5 sep 2021

Un grupo de pais das Pontes contrataron un autobús que unirá a localidade das Pontes con Ferrol para o transporte de estudantes en xornada lectiva.

O bus sairá de luns a venres das Pontes ás 7.30 horas con Parada en Pena de Eiriz ás 7.45. A previsión é chegar a Ferrol ás 8.30 horas parando nos distintos centros. O regreso será de 14.30 a 14.45 horas.

As persoas que queiran sumarse a este servizo recibirán información no teléfono 611 066 560. O servizo está dirixido a toda a poboación escolar que ten que desprazarse diariamente a Ferrol dende As Pontes.

bus escolar as pontes ferrol
0.10128593444824