Familias do CEIP Veleiro Docampo maniféstanse contra os recortes educativos

TerraChaXa
Preto dun cento de persoas manifestáronse polas rúas de Castro Ribeiras de Lea, saíndo do CEIP Veleiro Docampo, nunha convocatoria realizada pola ANPA da escola.
manifestación-CEIP-Veleiro-Docampo
15 Ago 2024

Preto dun cento de persoas manifestáronse polas rúas de Castro Ribeiras de Lea, saíndo do CEIP Veleiro Docampo, nunha convocatoria realizada pola ANPA da escola. Alén das familias, acudiron tamén integrantes do profesorado e equipo directivo da escola, en apoio ás reivindicacións das familias.

As familias piden que se cumpra a legalidade, e que se doten as escolas co profesorado necesario para atender as necesidades básicas de funcionamento; critican que onde máis se está a recortar é nas escolas rurais. Quéixanse de que a Consellería acabará por facer "parches" de última hora en setembro, para simular que cumpre coas demandas, impedindo que os centros poidan organizar o curso debidamente, e aforrando o pago de vacacións ao profesorado substituto.

0.12815403938293