Fanoi, en Abadín, celebra esta fin de semana as súas patronais
TerraChaXa
Despois da celebración das festas patronais de Gontán é a vez das da parroquia de Fanoi, que serán na honra á Virxe dos Milagres.
18 May 2022
Despois da celebración a pasada fin de semana das festas patronais de Gontán é a vez das da parroquia de Fanoi, que serán nesta próxima na honra á Virxe dos Milagres.
A actividade abrirase ás 13.30 horas coa misa, procesión seguida da sesión vermú que estará ao cargo da orquestra Ritmo Joven, que tamén será a encargada da verbena da noite.
O domingo repetirase o oficio relixioso á mesma hora pero a sesión vermú estará ao cargo do dúo Epo-k, co que se dará por rematada a celebración.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.