Fanoi estará de festa a fin de semana

TerraChaXa
O grupo Costa Dorada presentará a xira Bailando Tour 2024
festas-patronais
Imaxe de festa
24 Maio 2024

A localidade de Fanoi, en Abadín, celebra esta fin de semana as súas festas patronais, que se desenvolverán na honra á Virxe dos Milagres.

Estas arrancarán o sábado 25 ás 13.30 horas coa celebración da misa, á que seguirá a procesión e a sesión vermú co grupo Costa Dorada, que tamén actuará na verbena, e que presentará a xira Bailando Tour 2024. Estará acompañada do dúo Dilema.

O domingo continuarán as festas cun novo oficio relixioso seguido da sesión vermú, que nesta ocasión estará a cargo do dúo Venus, que será o encargado de poñer o punto e final as festas.

A organización lembra que haberá carpa no campo da festa.

0.10685706138611