Federico Pérez levará o seu monólogo a Begonte tras a VIII Carreira Popular

O Concello de Begonte prepara unha intensa xornada de lecer para o domingo 29 de xuño, combinando deporte e humor nun día pensado para todos os públicos. Pola mañá celebrarase a VIII Carreira Popular Concello de Begonte, unha cita xa consolidada no calendario deportivo da comarca.
Ao mediodía, sobre as 14.00 horas, haberá música con motivo da celebración do San Pedro, unha sesión vermú a cargo do trío Merengue.
Pola tarde, a programación continuará cun espectáculo cómico a cargo do coñecido actor e humorista Federico Pérez, baixo o título Xa que o sabes, voucho contar (e cantar). A actuación terá lugar ás 19:00 horas no Club Fluvial de Begonte e a entrada será totalmente gratuíta.
Desde o Concello animan a veciñanza e visitantes a reservar o 29 de xuño para gozar dunha xornada completa de actividade física, natureza e riso.