Feijóo asevera que o peche de Alcoa sería un “disparate industrial” para o país

TerraChaXa | LugoXa
O comité de traballadores de Alcoa San Cibrao reuniuse hoxe co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, trala que José Antonio Zan comunicou que "levamos dúas semana de retraso dunha respostas por parte do Goberno central, pero tamén queríamos solicitar a Xunta que se faga a intervención temporal pública para despois vender a un terceiro".
Captura de pantalla 2020 02 25 a las 11.05.38
23 Oct 2020

O comité de traballadores de Alcoa San Cibrao reuniuse hoxe co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, trala que José Antonio Zan comunicou que "levamos dúas semana de retraso dunha respostas por parte do Goberno central, pero tamén queríamos solicitar a Xunta que se faga a intervención temporal pública para despois vender a un terceiro".  "O que temos claro é que non queremos ni se pode parar as cubas", engadiu Zan.

Pola súa banda, o presidente da Xunta destacou a unidade de acción entre administración e traballadores de Alcoa e aseverou que o peche desta fábrica sería un “disparate industrial” para España sen precedentes.

“Non ten ningún sentido empresarial, económico ou estratéxico prescindir desta factoría”, abundou, insistindo en que o Goberno galego non contempla ningunha outra posibilidade que non sexa o mantemento dos postos de traballo e da única fábrica de aluminio privado que existe en España.

O presidente do executivo autonómico, que se reuniu este mediodía, xunto co vicepresidente segundo, Francisco, Conde, co comité de empresa de Alcoa, valorou a relación fluída que a Xunta mantén neste momento con Goberno central.

“Estamos nunha situación complexa, pero estamos traballando xuntos nela”, afirmou, reiterando o compromiso incuestionable da Administración autonómica cos traballadores. A ese respecto, durante a reunión Xunta e comité de empresa coincidiron en solicitar ao Goberno central que convoque a reunión a tres que está pendente.

“Se Alcoa non quere operar esta factoría que a venda, que desbloquee a venda a outro operador”, recalcou, resaltando tamén a necesidade de que o Goberno central cumpra cunha tarifa eléctrica que faga posible a produción de aluminio primario, mentres non se instalen enerxías renovables de autoconsumo para a propia factoría.

Feijóo lembrou que o obxectivo da Xunta neste asunto foi sempre o de buscar solucións, xa que a 45 euros/megavatio non se pode producir unha tonelada de aluminio, ao significar perdas constantes. “Temos que baixar o prezo da enerxía para facelo compatible coa produción de aluminio primario”, concluíu.

0.15796589851379