Felipe Nieto encabezará a candidatura do BNG en Meira

TerraChaXa
O BNG presentou ao candidato á Alcaldía no concello de Meira.
Felipe Nieto BNG MEIRA
27 Mar 2019

O BNG presentou ao candidato á Alcaldía no concello de Meira. O actual voceiro do BNG na corporación, Felipe Neito, será a persoa que volva a encabezar a lista do BNG para as eleccións municipais de maio. Dende o BNG estase traballando para aportar ao concello un cambio responsable “que impulse políticas para que este concello conte cos servizos que se anuncian pero non se poñen en marcha” e argumentou “Meira precisa das políticas do BNG para activar moitos proxectos que están estancados dende fai moito tempo”.

Nieto afirmou “temos un equipo para gobernar, formado por persoas de recoñecida solvencia e integridade” e engadiu “Meira precisa proxectos novos e ilusionantes para converterse nun polo de atracción para que xente nova veña a vivir no noso concello. “Estamos recibindo mostras de apoio por que se percibe ao BNG como unha forza renovada, en claro ascenso, cun proxecto para Meira e para Galiza e temos o respaldo de moitos anos de traballo serio e rigoroso” dixo Felipe Nieto.

O candidato á alcaldía, con experiencia na vida municipal afirmou “imos a por todas por que estamos convencidos de que é o momento de darlle un cambio á política deste concello que provoque o aumento da autoestima das nosas veciñas e veciños”. Felipe Nieto sostivo que “a presenza do BNG na corporación municipal foi fundamental por todo o traballo feito nestes mandatos pasados”.

0.20402693748474