Felpeto presenta nas Pontes a súa segunda novela
O xermadés Xosé Manuel Felpeto Carballeira presentará nas Pontes este venres, 26 de xaneiro, o seu libro Branco xiz tirando a negro, a súa segunda novela, despois de O pau de ferro.
A presentación terá lugar ás 20.30 horas na Biblioteca Municipal das Pontes.
“Quero agradecervos a vosoutros, os lectores, por facer posible a fantástica acollida que tivo O pau de ferro. Motivo mais que xustificado para verme na obriga de seguir mergullado nunha das miñas paixóns, o mundo da escrita. O resultado, recentemente saído do forno, será presentado no local social da Asociación de Veciños de Cabreiros. Oxalá sexa do voso agrado: Branco xiz tirando a negro. Así mesmo síntome afortunado e agradecido por poder contar con xente amiga e sempre comprometida coa cultura para axudarme a que este libro chegue ás vosas mans. Xosé Lastra Muruais, Xoán Ramiro Cuba Rodríguez, Leandro Lamas Hermida, Santiago Martínez García e por seguir confiando en min a Editorial Tris Tram, S.L.U.