Ferido o condutor dun turismo tras colisionar cun tractor en Ludrio

TerraChaXa
Unha colisión entre un coche e un tractor en Castro de Rei saldábase co condutor do turismo ferido.
15 Nov 2017

Unha colisión entre un coche e un tractor en Castro de Rei saldábase co condutor do turismo ferido. Segundo lle indicou o 061-Urxencias Sanitarias ao 112 Galicia, a vítima tivo que ser trasladada a un centro médico.

O sinistro ocorreu na N-640, á altura da parroquia de Ludrio. Un particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do accidente ás seis da tarde.

Acto seguido, dende o CIAE informouse dos feitos ao persoal sanitario, á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Vilalba.

0.13694190979004