Fernán Vello pide un modelo eficaz para as residencias de maiores privadas

TerraChaXa | LugoXa
O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, reclamou un cambio de modelo das residencias de maiores do país que camiñe cara un sistema "público, xusto e digno" para as vidas dos nosos mairores, particularmente importante nunha das provincias mais envellecidas do Estado.
maenxo mobil
3 Xul 2020

O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, reclamou un cambio de modelo das residencias de maiores do país que camiñe cara un sistema "público, xusto e digno" para as vidas dos nosos mairores, particularmente importante nunha das provincias mais envellecidas do Estado.

Foi unha das conclusións da reunión celebrada no edificio sindical da Ronda da Muralla de Lugo, no que estiveron presentes os principais sindicatos con representación nas residencias privadas da provincia, que lle trasladaron a Fernán Vello os problemas máis acuciantes cos que se atopan no día a día no seu traballo.

Entre estes atópase a falta de material axeitado para persoas con problemas de mobilidade, a escasez de persoal que provoca unha sobrecarga de traballo que difícilmente poden asumir e, incluso, problemas derivados de unha mala praxe á hora de alimentar aos internos, situación que calificaron de "inhumana".

Miguel Anxo Fernán Vello, ante os problemas dos traballadores e traballadoras, asegurou que "temos que apostar por residencias públicas, as mellloras na dotación de persoal asitencial e así evitar os problemas derivados da actividade profesional e as enfermidades profesionais.

Por outra banda, en canto á situación xeral das residencias de maiores privadas en Galicia, o candidato da coalición indicou que "temos que apostar por mellorar as condicións xerais de atención dos residentes tanto no plano físico, como no sanitario e alimentario. E crear, de forma urxente, un modelo xusto, eficaz e digno que respecte en todo momento a dignidadee a vida dos nosos maiores".

0.18130087852478