Fernanda Arrojo presenta no IES Lois Peña Novo o seu libro no Día da Discapacidade
Co gallo do Día Internacional das Personas con Discapacidade que se celebra hoxe, 3 de decembro, o IES Lois Peña Novo de Vilalba acolleu a presentación do libro Las capas de una cebolla de Fernanda Arrojo.
A obra desta escritora aborda a interseccionalidade de xénero e discapacidade física, así coma as diferentes violencias que sofren as mulleres con discapacidade.
A escritora, veciña de Lugo e con diversidade funcional, trata no seu libro sobre dous temas fundamentais: a inclusión das persoas e especialmente das mulleres con diversidade funcional, un doble reto nunha sociedade aínda con demasiadas carencias neste eido.
Fernanda Arrojo aborda en primeira persoa estas necesidades co obxectivo de dar voz e sensibilizar sobre aspectos clave da diversidade funcional para o alumnado do Ciclo Medio de Atención a Personas en Situación de Dependencia.