Festa da orientación en Guitiriz
Socios da Asociación Deportiva e Cultural Biciclistas Galegos, organizaron o domingo 13 de maio a segunda edición da iniciación ao mundo da orientación.
Desta volta foi o presidente da federación galega de orientación, foi o encargado de realizar un curso de formación previo para levar a cabo a actividade.
A proba consistiu en atopar doce puntos por orden nun mapa, recorrendo unha distancia total de 3 km. A decisión sobre que camiño tomar é fundamental neste tipo de probas. Esta característica converte a orientación nunha actividade ideal e adaptable a todos os públicos posto que forma física non é primordial.
O lugar de realización foi a área recreativa de San Xoán de Guitiriz.
A actividade forma parte da programación prevista por esta asociación para o ano 2018 e que abarcará outros escenarios dentro da Terra Chá e zonas limítrofes. O obxectivo destas actividades “biciclistas” é desfrutar de actividades dun xeito non competitivo, reforzando o compañeirismo e a cooperatividade e poñendo en valor as riquezas paisaxísticas e gastronómicas da zona onde se desenvolven. Deste xeito este tipo de xuntanzas nas que participan ciclistas de distintos Concellos e Provincias, favorecen as actividades turísticas dos lugares onde se levan a cabo.
A próxima actividade de Biciclistas Galegos realizarase en Abadín o 17 de maio con motivo das Letras Galegas.