Festa da Terceira Idade en Pol

Pol
TerraChaXa
O Concello de Pol celebrará o sábado 9 de xuño a súa tradicional Comida da Terceira Idade, evento que chega á súa XXVII edición.
28 Maio 2018

O Concello de Pol celebrará o sábado 9 de xuño a súa tradicional Comida da Terceira Idade, evento que chega á súa XXVII edición.

O xantar terá lugar na carpa situada na área recreativa de Mosteiro a partir das 13.30 horas. A primeira actividade será a misa, á que seguirá a comida.

Os interesados en asistir deberán inscribirse antes do 5 de xuño nas oficinas municipais ou nos teléfonos 982 345 029 ou no 982 345 038.

 

0.26809000968933