Festa de final de curso na Escola de Música de Guitiriz

TerraChaXa
A Escola de Música de Guitiriz celebrará este sábado, 4 de xuño, a súa festa de final de curso e o luns unha charla informativa
escola de musica guitiriz festa e charla
3 Xuño 2022

A Escola de Música de Guitiriz celebrará este sábado, 4 de xuño, a súa festa de final de curso para a que ten previsto unha pequena demostración de todo o que aprenderon as alumnas e alumnos durante o curso.

A cita sera ás 20.00 horas na Casa Habanera de Gutiriz.

A continuación esta escola convoca unha charla informativa o luns 6 de xuño ás 20:30h na Casa Habanera. Trátase dun coloquio dirixido a todo o mundo para facer suxestións ou queixas sobre como foi o curso que ven de rematar e expoñer os horarios e novidades do próximo curso.

0.1934609413147