Festa final de tempada do SD Guitiriz este sábado no Suso Cruz
O SD Guitiriz celebra este sábado a súa festa de final de tempada, que terá lugar no Suso Cruz.
A festa dará comezo cunha sesión vermú a partir das 13.00. horas, á que seguirá unha gran churrascada, na que os asistentes poderán degustar churrasco, criollo, chourizo, pan, auga, sobremesa e café.
Este xantar terá un prezo de 10 euros para os socios e de 15 para os non socios. Os primeiros poden reservar cunha chamada ou whastapp no teléfono 604 852 370 ou mesmo en redes sociais. Para os non socios deberán retirar ticket mediante calquera membro do equipo, redes sociais ou nos locais Zeus, A Capela, Nistal ou Gaibor. O último día para anotarse é hoxe, 4 de xullo.
Ademais, a organización lembra que para os menores de 10 euros será de balde.
Unha vez rematada a comida haberá festa con música, xogos e sorteos.