A Feira do Indiano de Santaballa será o 14

TerraChaXa
Este ano a IX edición da Feira do Indiano será o 14 de setembro, que aínda que sempre era a terceira fin de semana do mes, este ano ao ser o día 1 de setembro domingo cambiar para o sábado 14.
1
7 sep 2019

Este ano a IX edición da Feira do Indiano será o 14 de setembro, que aínda que sempre era a terceira fin de semana do mes, este ano ao ser o día 1 de setembro domingo cambiar para o sábado 14.

Nesta festa, na que participán profesionais da artesanía chegados de distintos puntos da xeografía galega, amosa ao público distintos oficios tradicionais, como a cantería, cestería, tornaría ou forxa, así como os postos con produtos da zona de xantar de empanadas, chourizos, doces ou licores, entre outros.

Ao longo da xornada haberá visitas guiadas á casa museo da Liga Santaballesa, exposicións etnográficas e fotográficas, actividades infantís, espectáculos teatrais e actuacións musicais.

Un ano máis, a parroquia vilalbesa de Santaballa celebrará a Feira do Indiano, que chega xa á súa VIII edición e que levará o título Xornadas sobre Migacións Indianas, unha festa que ten o obxectivo de lembrar a través dunha serie de actos aos emigrantes do século pasado.

A programación prevista para esta xornada dará comezo co partido de fútbol que enfrontará ao Santaballa de Arriba co Santaballa de Abaixo antes da sesión vermú

O dúo Calú será o encargado de poñer a nota musical durante a sesión vermú para despois poder desfrutar do xantar popular servido por Rochela un ano máis. Este xantar contará cun menú con xamón cocido, polbo, carne asada, sobremesas, bebidas, café e chupito, todo por un prezo de 22 euros.

Pola tarde haberá actuación musicais e pasarrúas coa charanga Santa Compaña e o Grupo Festeiro A Tajea. Ademais, os máis cativos poderán desfrutar de xogos tradicionais, e os adultos terán postos de venda de artesanía e demostracións.

Xa pola noite o espectáculo dará comezo cunha queimada popular a cargo Manolo Carreira, e a continuación, voltará o apartado musical co trio La Clave.

Os que desexen participar  no xantar poden reservar o seu sitio nos teléfonos 637 029 775 ou no 652 790 220.

0.21742391586304