Festas en Arcillá, esta fin de semana

TerraChaXa
Contarán con música de Super Top, Mercedes Ben Salah e Son de Festa
festas-patronais
27 Ago 2024

Arcillá, no concello de Cospeito, celebra as súas festas na honra a San Ramón e San Pelaio este 31 de agosto e 1 de setembro.

O sábado comezará a celebración ás 13.30 horas cunha misa e sesión vermú, amenizada pola orquestra Super Top, a cal terá dobre sesión pola noite na verbena xunto a Mercedes Ben Salah.

O domingo, ademais da xornada relixiosa, haberá unha sesión vermú a cargo do dúo Son de Festa.

0.10974478721619