Festas en Chacín, de Riotorto, o sábado
TerraChaXa
O sábado 30 de setembro a parroquia de Chacín, en Riotorto, celebra as súas festas cunha misa solemne ás 12.
25 sep 2023
O sábado 30 de setembro a parroquia de Chacín, en Riotorto, celebra as súas festas cunha misa solemne ás 12.30 horas.
Seguidamente terá lugar unha procesión e sesión vermú a cargo do dúo Belinda, que será o encargado de amenizar a verbena, que haberá durante a noite.
A festa completarase cunha comida popular no campo da festa ás 15.00 horas, xantar que estará composto por empanadillas, arroz con bogavante e marisco, codillo asado, tarta de Santiago e bebidas, café e chupito por 26 euros os adultos e 16 euros os nenos de ata 10 anos.
Todo aquel que quiera asisitir, debe comprar os tickets antes do 26 de setembro chamando ao teléfono 660 151 242.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.