Festas en Moreda esta fin de semana

TerraChaXa
A parroquia vilalbesa de Moreda está de festa esta fin de semana na honra a San Andrés.
cartel-festas-moreda
Cartel das festas
30 Maio 2024

A parroquia vilalbesa de Moreda está de festa esta fin de semana na honra a San Andrés. O sábado 1 a música estará ao cargo do grupo Máster, que fará dobre sesión ao mediodía e á noite en sesión verbena.

Previamente terá lugar a misa solemne e a procesión, a partir das 13.30 horas. Pola noite tamén estará a orquestra Suavecito.

O domingo haberá misa solemne á mesma hora seguida de sesión vermú co dúo Estrellas, actuación que porá o punto e final á celebración.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

0.088494777679443