As festas en Nete serán esta fin de semana

TerraChaXa
Esta fin de semana, 23 e 24 de setembro, a localidade vilalbesa de Nete celebra as súas festas na honra a San Cosme e á Virxe da O.
festas en nete vilalba portada
18 sep 2023

Esta fin de semana, 23 e 24 de setembro, a localidade vilalbesa de Nete celebra as súas festas na honra a San Cosme e á Virxe da O.

O sábado, ás 11.00 horas, haberá un pasarrúas con Mestura de Nete, seguido dunha misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Costa Dorada, que tamén será a encargada de amenizar a verbena da noite, xunto co grupo La Fórmula.

O domingo, tamén haberá misa solemne, sesión vermú e, para rematar, unha verbena amenizada pola orquestra Solara.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

festas en nete vilalba
0.17679309844971