Festas esta fin de semana nas parroquias chairegas de Árbol, Bazar, Goiriz, Román e Santa Leocadia

TerraChaXa
Festas patronais esta fin de semana nas parroquias chairegas de Árbol, Bazar, Goiriz, Román e Santa Leocadia
festas fogos artificio patronais
16 Jun 2022

As parroquias vilalbesas de Árbol, Goiriz e Román estarán esta fin de semana festexando as súas festas patronais.

ÁRBOL

En San Lorenzo de Árbol volven esta fin de semana as festas á parroquia coa celebración da comida de San Xoán, que terá lugar este sábado.

O xantar basearase en empanadas de panceta e de bonito, polbo á feira con cachelos, churrasco mixto, postre, bebida, café e chupito. Da música da sesión vermú encargaranse Cerna de Árbol e o Dúo Los Adrianos.

Este último será o que se encargue tamén da verbena pola noite. Ás 13.30 horas tamén haberá misa solemne.

GOIRIZ

Na parroquia de Goiriz, a festa será tamén só o sábado e estará dedicada a San Antón.

A celebración dará comezo á 13.30 horas o oficio relixiosos seguido da tradicional procesión pasando a continuación á sesión vermú que estará protagonizada pola orquestra Suavecito.

A festa chegará ao final coa verbena na que actuarán de novo Suavecito e o grupo PK2.

ROMÁN

San Xoán e Santa Catalina serán os santos aos que se dediquen este ano as festas na vilalbesa parroquia de Román que arrancará a programación o sábado 18, ás 13.30 horas coa misa seguida da sesión vermú, que estará ao cargo da orquestra Trébol.

Pola noite, a verbena contará de novo con Trébol e coa orquestra New York.

O domingo continuará a celebración co Grupo J ao cargo da sesión vermú de clausura da celebración tralo oficio relixioso e a procesión a partir das 13.30 horas.

A comisión lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

BAZAR

A Virxe do Socorrro e San Antón serán os dous aos que se dediquen as festas en Bazar-Coea, en Castro de REi.

Dous días de festa que arrancarán o sábado coa misa solemne e a procesión, a partir das 13.30 horas. A orquestra Escaparate será a encargada da sesión vermú e tamén da verbena, na que estará acompañada dos Satélites.

O domingo repetirase oficio relixioso á mesma hora e haberá dobre sesión musical (vermú e verbena) coa orquestra Magos.

SANTA LEOCADIA

Na parroquia guitiricense de Santa Leocadia tamén haberá festas e tamén na honra de San Antonio. Abrirá a celebración o sábado a misa solemne seguida de procesión, ás 12.30 horas para, ás 13.45 horas, dar comezo a sesión vermú con Javi Show.

Pola noite haberá como é tradicional verbena, na que volverá estar Javi Show e tamén o grupo Pasión.

Continuarán o domingo as festas on oficio relixioso ás 13.00 horas na que tamén haberá procesión. A sesión verú co dúo Venus será a encargada de dar por rematadas estas festas, nas que colabora a Sociedade de Montes en Man Común San Leocadia.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12596487998962