Festas esta fin de semana nas parroquias da Chaira
As localidades cospeitesas de Arcillá, Sisoi, Bestar e Ponte Vilar e a veciña Loboso, na Pastoriza, están de festa esta fin de semana. A de Loboso é na honra de San Andrés e contará na xornada do sábado co grupo Fénix en dobre sesión e La Hora Bruja pola noite. O dúo Venus será o encargado da sesión vermú de fin de festa do domingo.
Haberá misa os dous días ás 13.30 horas con procesión e tamén colchonetas gratuítas para os pequenos. Ademais o campo da festa estará cuberta con carpa.
Por outra banda as de Arcillá, Sisoi, Bestar e Ponte Vilar celebran conxuntamente a San Roque. O sábado será a vez da orquestra Stereo Music Show, que fará a sesión vermú e a verbena, na que tamén estará Verónica Cambón.
O domingo só haberá sesión vermú, da man do grupo Fénix. Os dous días haberá tamén misa con procesión e o campo da festa estará cuberto con carpa.
Ademais, o día 6 de novembro terá lugar unha comida veciñal amenizada polo solista Javi Show. Será a partir das 14.00 horas.