Ponte de Outeiro terá este ano unhas festas virtuais
A comisión de festas da parroquia de Ponte de Outeiro, en Castro de Rei, anunciou que este ano terá unhas festas virtuais os días 12 e 13 de setembro debido á situación sanitaria do país.
Nun comunicado, a comisión indicou que "non queremos contaxios" razón pola que decidiron cambiar as habituais festas presenciais por unha convocatoria virtual, emprazando á veciñanza ás do próximo ano.
Así, este setembro as redes sociais acolleran unha festas virtuais nas que haberá moita música baixo a máxima "Se non hai festa faise".
Teñen previsto deseñar un programa de actuacións que se poderán seguir en directo a través da páxina de facebook Festas Parroquia de Outeiro. Aínda están sen establecer grupos e horarios, que se farán públicos en próximas datas.
A comisión contará cuoa participación de músicos da parroquia.