Fiare Banca Etica activa medidas para apoiar personas e empresas ante a emerxencia sanitaria e social

TerraChaXa | LugoXa
Ante a situación actual de incerteza e constantes cambios, a colaboración entre entidades e a Administración pública recobra unha importancia significativa.
3 Abr 2020

Ante a situación actual de incerteza e constantes cambios, a colaboración entre entidades e a Administración pública recobra unha importancia significativa. Un valor que Fiare Banca Etica leva no seu ADN dado que como o seu eslogan indica O interese máis alto é o interese colectivo.  Neste momento é moi importante salientar a cooperación, a transparencia e a participación como valores fundamentais da nosa sociedade e das empresas que a integramos.

Como iniciativas para as empresas destacan as Facilidades para as solicitudes de carencia, é dicir, ante as posibles dificultades do pagamento de cotas para empresas que teñan financiamento, Fiare Banca Etica puxo en marcha na web un proceso fácil e áxil para iniciar o proceso de diálogo para facilitar carencias de diferente tipo.

Tamén contarán con novo financiamento e prezos e con garantías engadidas como acceder á garantía europea EASI para cobrar até o 80% do investimento sen custe adicional para os clientes para operacións de até 10 anos.

Para os clientes unitarios, é dicir, as persoas, o banco ten dispoñible para asumir o adianto da prestación dos subsidios de desemprego para facilitar a solvencia das persoas socias e clientas e o seu entorno máis próximo, no próximo mes.

Así como respaldará a liquidez dos seus provedores, xa que Fiare Banca Etica ordenou o pagamento inmediato das facturas. Os provedores do banco son na súa maior parte pequenas e medianas empresas e empresas do Terceiro Sector, seleccionadas non só en función de criterios económicos, senón tamén en función dos impactos sociais e ambientais que se derivan do seu comportamento. Deixamos atrás os 30-60 días habituais para o pagamento de case que mil provedores, con máis de 15 millóns de facturación entre España e Italia.

Na selección de provedores, Fiare Banca Etica prevé a exclusión de empresas que "non respectan os dereitos dos traballadores, que danan o ambiente, que non respectan a legalidade e que operan co único propósito de maximizar os lucros  a expensas das súas partes interesadas". Ademais, para os provedores máis relevantes e estratéxicos, Fiare Banca Etica leva adiante unha avaliación ESG (Ambiental, Social e de Goberno), baseada en 75 indicadores.

Ademais, desde as primeiras etapas da emerxencia en Italia Fiare Banca Etica convidou á clientela a utilizar os servizos da banca pola internet, e a reducir as visitas ás sucursais só se for estritamente necesario e con cita previa para cumprir con todas as precaucións recomendadas polas autoridades da saúde. O 100% do persoal de Fiare Banca Etica, está capacitado para teletraballar e dispoñible para recibir as necesidades dos clientes e as solicitudes desde a súa casa por correo electrónico, videoconferencias, banca telefónica e cita previa.

0.15489983558655