Filloeiras de Muimenta participarán na Festa da Filloa de Sada

TerraChaXa
Filloeiras habituais da Festa da Filloa de Muimenta acudirá a fin de semana á celebración do Concello de Sada da festa homónima
filloeiras de muimenta na festa da filloa en sada5
filloeiras de muimenta na festa da filloa en sada5
13 Feb 2023

Filloeiras habituais da Festa da Filloa de Muimenta acudirán este ano de novo á celebración homónima que terá lugar no Concello de Sada, que chegaba á súa edición XXXVII.

As filloeiras chairegas xa estiveron nesta celebración no ano 2016 e o ano pasado promocionando tamén a festa que ten lugar en Muimenta o 1 de maio e que ten o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. Prepararon as filloas ao máis puro estilo chairego, que gozaron do aprezo do público.

A Festa da Filloa de Sada terá lugar o domingo 19 de febreiro entre as 12.00 e as 20.00 horas e haberá animación musical ademais de degustación deste produto como de anís, mel e café.

festa filloa sada
0.17353916168213