Fillos da Chaira convoca un concurso de vídeo de apoio aos comerciantes
O grupo social Fillos da Chaira de Rábade vénd e convocar un divertido concurso para todos aqueles que permencen confinados nas súas casas. Así naceu o I Concurso Virtual Raíña do Chaira.
O certame consiste en realizar un vídeo bailando o hit da corentena elaborado polo grupo e subilo a Facebook e Instagram debidamente etiquetado.
Co gallo de apoiar e colaborar coa Asociación de Comerciantes e coa Asociación de Hosteleiros de Rábade, outorgaranse tamén tres premios que consisten en vales para gastar nos establecementos do Concello. O primeiro consistirá nun vale de 50 euros e un tarro de aceitunas de Nistal. O segundo será por importe de 40 euros e un saqueto de limóns da Gemela e o terceiro de 30 euros e un pack de Estrella Galicia.
O prazo para participar ampliouse ate o domingo 10 demaio ás 14.00 euros e os gañadores daranse a coñecer esa mesma tarde.