Fillos da Chaira súmase ás festas de San Vicenzo con teatro e un concerto

LugoXa | TerraChaXa
As actividades serán o sábado e aproveitarán para despedirse do seu local social
fillos-do-chaira-festas-san-vicenzo
24 Jan 2025

A Asociación Cultural Fillos do Chaira anuncia unha xornada especial para despedir o seu local social, un espazo que durante case cinco anos foi escenario de grandes momentos e actividades culturais. A cita será o sábado 25 de xaneiro, con actividades para celebrar por todo o alto esta despedida, coincidindo coa celebración das Festas de San Vicenzo.

O programa comezará ás 19:15 horas coa representación teatral Unha historia do Noitebus, a cargo da compañía Xuventude Prea. Ás 20:30 horas, o prato forte será o concerto de Leo Arremecághona, tamén coñecido como Leo de Matamá, que traerá humor e boa música coa súa produción única, Arremecághona Producións.

Como non podía ser doutro xeito, Casa Felicitas abrirá durante a noite para acoller a última festa no estilo máis auténtico de Chaira's Bar, prometendo diversión e celebración até que o corpo ou as existencias aguanten.

A asociación anima a toda a veciñanza a participar nesta xornada que quedará para o recordo de Fillos do Chaira e da súa comunidade.

0.16550302505493