Fillos do Chaira organiza un magosto e unha foliada este sábado
TerraChaXa | LugoXa
O colectivo rabadense Fillos do Chaira organiza este sábado, 22 de outubro, un magosto xunto coaa tradicional Foliada de Outono.

19 Oct 2022
O colectivo rabadense Fillos do Chaira organiza este sábado, 22 de outubro, un magosto xunto coaa tradicional Foliada de Outono.
O programa contará con actuacións de grupos tradicionais e unha foliada aberta ao remate cun magosto.
A sesión dará comezo ás 18.30 horas coa apertura de portas pero os concertos iniciaranse ás 20.00 horas coa participación de Amigos da Chaira e Estoupacaldeiros.
